Reserva natural de Mondego
Nos últimos días do curso os nenos e nenas de 1ºB, coa colaboración da mestra de AL, estamos a converter a nosa aula nunha reserva natural na que se recollen moitos dos animais que habitan na nosa contorna máis inmediata.
Para logralo, comezamos facendo unha chuvia de ideas que contou coa aportación de todos e cada un de nós, e na que nomeamos distintos animais que viven preto de nós. Quedamos abraiados coa cantidade de animais que foron saíndo, pois non eramos conscientes das moitas especies que conviven tan cerca da escola.
Despois, escollemos un dos animais e deseñamos unha ficha identificativa na que recollemos algunhas das súas características máis representativas (especie animal, cor, alimentación, corpo, tamaño e desprazamento), xunto cun debuxo de elaboración propia.
Finalmente démoslle cor ao noso mural, representando o espazo natural que nos rodea, e seguidamente colocamos cada especie no lugar no que habita.
Gústavos o resultado? Nós non podemos estar máis contentos!














Comentarios
Publicar un comentario