VISITA DO PAPÁ DE JIMENA PARA PRESENTARNOS AS SÚAS MASCOTAS.

Hoxe os alumnos de 1ºA tivemos a visita do papá da nosa compañeira Jimena que nos presentou as súas mascotas.
  • Unha tartaruga rusa (Hosfeldii) que se chama Lola e ten 18 anos.
  • Outra tartaruga africana (Sulcata) que se chama Trueno e ten 1 ano.
  • E o seu can Teo que ten un ano e foi adoptado nunha canceira.


Tivemos a sorte de poder  ver e tocar ás tartarugas e coñecer as diferenzas que hai entre elas. As dúas son tartarugas de terra pero a tartaruga rusa (Lola) non vai crecer moito máis e pode chegar a vivir uns 35 anos. E a  tartaruga africana (Trueno) pode vivir ata 70 anos e pesar uns 100kg. 
Has dúas tartarugas igual que os cans teñen documentación propia e chip.


Esta é unha fotografía de como pode chegar a ser unha tartaruga africana como Trueno.




Disfrutamos moito tocando e vendo ás tartarugas.





Ensináronnos o que comen e como viven. E o importante que é coidalas ben para que medren saniñas.




Miguel contounos tamén algunhas das características destas tartarugas.




Jimena e o seu papá tamén nos contaron algunhas cousas sobre o seu can Teo e o momento no que o adoptaron.



Para rematar Jimena repartiu entre os seus compañeiros unha ficha dunha tartaruga para colorear que trouxo o seu papá como agasallo.


E así rematamos a visita de Miguel.

PASÁMOLO XENIAL!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Acrósticos Animais

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.