Reserva Mondego

 Todo o que fomos traballando ao longo do curso en relación aos animais: as súas características ( rasgos físicos, alimentación, forma de desplazarse...), a súa contorna e modo de vida, recollémolo nunha actividade final para acadar unha aprendizaxe significativa de todos os contidos traballados.

 Comezamos facendo unha chuvia de ideas sobre os animais que podemos atopar na nosa contorna máis próxima




 A continuación elaboramos unha ficha dos datos máis relevantes de cada animal (Especie, Cor, Alimentación, Corpo, Tamaño, Desprazamento e o debuxo representativo) e para rematar fixemos un mural simulando unha reserva natural na que colocaron cada animal según o lugar que habita na contorna.











 Con esta actividade ademais traballamos a expresión e comprensión oral e escrita, a expresión plástica a través das áreas de ciencias da natureza.

 Así de ben quedou o traballo do alumnado de 1ºB coa axuda da mestra de Audición e Linguaxe e a mestra titora.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua