O alumnado da aula de AL elaborou unha serie de actividades sobre animais domésticos e salvaxespara facer no tempo libre das sesións como: quebracabezas, labirintos, dominós, xogos de barallas...
O alumnado de Infantil e Primaria que acode a aula de AL aproveitou os momentos libres nas sesións de estimulación da linguaxe para traballar a simetría, propiciando un bo sentido dos principios xeométricos e o uso das súas destrezas de razonamento matemático. Escolleron distintos animais domésticos e salvaxes e realizaron actividades diferentes para traballar a simetría, ademais de identificar as partes do corpo de cada animal e os seus rasgos máis característicos. O traballo do alumando quedou exposto no taboleiro da aula de AL.
O alumnado da aula de Audición e Linguaxe elaborou nos intres libres das sesións un mural conxunto sobre os cans e cadelas máis famosos do cine e da televisión . Cada alumno e alumna escolleu o seu can ou cadela favorito e decorouno, despois tiñan que pegalo nunha cartolina poñendo o seu nome e a súa raza. No mural podedes atopar as personaxes máis famosas dos debuxos da Patrulla Canina: Chase, Everest, Marshall, Skype, Zuma, Rocky e Rubble; e os protagonistas de series ou películas como: Scooby Doo, Pluto, Odie ou Reina. Con esta actividade tan divertida aproveitamos a traballar a psicomotricidade fina e a lectoescritura, ademais de incidir nas características físicas máis salientables de cada unha destas razas: Dálmata, Mestizo, Husky, Pastor Alemán, Bulldog, Labrador, Cavalier, Gran Danés, Beagle, Bloodhound e Cocker. O mural quedou exposto no taboleiro da nosa aula e luce así de bonito!!!
Para dar por finalizado a nosa participación no plan proxecta deste ano, descubrimos que o noso planeta está cheo de animaliños por tódolos continentes... ... animaliños que debemos coidar e protexer porque de nós depende a súa conservación ou extinción, así que PROTEXAMOS OS ANIMAIS!!!!
Comentarios
Publicar un comentario