O alumnado de Infantil e Primaria que acode a aula de AL aproveitou os momentos libres nas sesións de estimulación da linguaxe para traballar a simetría, propiciando un bo sentido dos principios xeométricos e o uso das súas destrezas de razonamento matemático. Escolleron distintos animais domésticos e salvaxes e realizaron actividades diferentes para traballar a simetría, ademais de identificar as partes do corpo de cada animal e os seus rasgos máis característicos. O traballo do alumando quedou exposto no taboleiro da aula de AL.
Este ano, o tema elixido polo centro para celebrar o entroido foi o mundo dos animais , polo que cada un dos nenos e nenas de 1ºB escollemos un dos moitos animais que traballamos na área de ciencias para elaborar a nosa máscara e, unha vez feitas, expuxémolas no corredor. Este foi o resultado:
A raíz da visita dos membros da protectora de animais Gatocan, iniciamos a historia da cadeliña Lua, cun comenzo triste, pero con final feliz. Estas son as conclusions que sacaron os nenos en torno aos sentimentos de Lúa en cada unha das partes do conto.
Comentarios
Publicar un comentario