1. ACTIVIDADES DA GUÍA DO PLAN PROXECTA PROTEXE ÓS ANIMAIS
a) Presentando
o meu animal doméstico.
Cada neno/a coloreu un can e lle
puxeron nome. A continuación cada un describiu como era o seu can: grande,
pequeno, peludo, con pouco pelo,…
Os nenos e nenas que en realidade
tiñan un can compartiron cos seus compañeiros/as información sobre o nome da
súa raza, o que lle gustaba comer, os cuidados que requerían,…
Os nenos e nenas crearon dous
debuxos: nun represéntase unha granxa e, no outro, unha selva.
Asimemso, colorearon distintos
animais domésticos e salvaxes.
A continuación, falamos das
diferencias entre estes dous tipos de animais e pegamos os animais domésticos
no debuxo da granxa e os animais salvaxes no debuxo da selva.
c) Para que
quero as miñas...
Falamos das partes do corpo do
gato, da súa funcionalidade e de se o corpo humano ten tamén esas partes ou
non.
A continuación cada neno e cada
nena debuxou e coloreou nun folio un gato en gran tamaño. Despois recortamos en
varios fragmentos os debuxos a modo de puzle, e con eles xogamos a montar os
puzles entre todos.
Lemos
a historia de Lúa, a cadela abandonada. Falamos de se esto está ben ou mal, das
necesidades dos animais (alimentación, aseo, exercicio, cariño, coidado da súa
saúde,…) e dos seus dereitos. Aprendemos cousas sobre os refuxios de animais e
as protectoras.
A
continuación, entre todos facemos o debuxo dun can realizando distintas
actividades cos seus donoso u donas.


















Comentarios
Publicar un comentario