VISITA Á GRANXA "O CANCELO".


 O pasado 26 de marzo o alumnado de 1ºA fixo unha excursión internivel xunto ao alumando de 5 anos de Eduación Infantil á granxa "O Cancelo" famosa pola súa leite fresca e os seus xeados "Bico de xeado".
Alí tamén poidemos ver algúns animais como un cabalo, unhas ovellas e sobretodo vacas.





Ensináronnos a raza de vaca que tiñan na granxa (Frisonas), poidemos ver como lles daban de comer, como as limpaban, e como lles sacaban o leite.







Outra das cousas que máis nos gustou foi poder ver e tocar aos tenreiriños que tiñan na granxa.







Para rematar a nosa visita merendamos e disfrutamos dun xeado de "Bico de xeado" que nos regalaron na granxa.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua