Visita Candamin
A semana pasada os nenos e nenas de 1ºB desfrutamos no centro da visita de tres cans que están educados para asistir a persoas que, polas súas necesidades, precisan de axuda para desenvolverse no seu día a día. Fixemos diferentes actividade nas que estivemos en contacto directo con eles e nas que nos amosaron todas as destrezas que teñen adquiridas, polo que puidemos coñecer a estes animais un pouco máis de preto e fomos máis conscientes do moito que merecen os nosos coidados e agarimos, tanto como eles están dispostos a darnos sempre.




Comentarios
Publicar un comentario