Primavera Animal
Para celebrar que xa chegou a Primavera na aula de Audición e Linguaxe o alumnado fixo un mural mesturando as cores e os elementos máis característos desta estación cos animais.
Cada alumno e alumna escolleu un animal para representalo nunha cartolina de cor marrón e darlle vistosidade a través de diferentes cores. Ademais estampamos con esponxas de distintas formas: flores, bolboretas, soles....para representar a primavera.
Para rematar a actividade empregamos periódicos de refugallo para recortar e pegar as letras que forman os nomes de cada animal e puxéronlles un carteliño.
Con esta actividade traballamos os distintos animais domésticos típicos da granxa.
Con esta actividade traballamos os distintos animais domésticos típicos da granxa.
O mural quedou exposto no taboleiro da nosa aula. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!!!





Comentarios
Publicar un comentario