Versionando o Coelliño Branco

Despois do moito que traballamos o conto do Coelliño Branco, os nenos e nenas de 1ºB coa axuda da nosa titora e a colaboración da mestra de Audición e Linguaxe, decidimos poñerlle o broche final a esta historia tan fermosa facendo a nosa propia versión da mesma, sen perder a esencia dos valores da amizade e axuda aos demais que tan ben nos transmite. Deste xeito e empregando as técnicas de Gianni Rodari a través das súas hipóteses fantásticas, deixamos voar a nosa imaxinación fomentando a escritura creativa e o traballo tanto por parellas como por equipo, de modo que non se perdera o fío condutor do conto, onde os animais continúan sendo os principais protagonistas.  







Con este traballo continuamos desenvolvendo o gusto pola lectura e implicamos tamén ás familias, xa que o iremos levando ás nosas casas para facerlles partícipes do noso conto. Deste xeito tamén poñemos en práctica as nosas habilidades de comprensión lectora e expresión oral e escrita.

Aqui tedes o froito do traballo e a aportación de todos e todas nos:









Comentarios

Entradas populares de este blog

Acrósticos Animais

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.

VISITA DO PAPÁ DE JIMENA PARA PRESENTARNOS AS SÚAS MASCOTAS.