Cans e Cadelas Famosos

 O alumnado da aula de Audición e Linguaxe elaborou nos intres libres das sesións un mural conxunto sobre os cans e cadelas máis famosos do cine e da televisión. Cada alumno e alumna escolleu o seu can ou cadela favorito e decorouno, despois tiñan que pegalo nunha cartolina poñendo o seu nome e a súa raza. 
 No mural podedes atopar as personaxes máis famosas dos debuxos da Patrulla Canina: Chase, Everest, Marshall, Skype, Zuma, Rocky e Rubble; e os protagonistas de series ou películas como: Scooby Doo, Pluto, Odie ou Reina.
 Con esta actividade tan divertida aproveitamos a traballar a psicomotricidade fina e a lectoescritura, ademais de incidir nas características físicas máis salientables de cada unha destas razas: Dálmata, Mestizo, Husky, Pastor Alemán, Bulldog, Labrador, Cavalier, Gran Danés, Beagle, Bloodhound e Cocker. 
 O mural quedou exposto no taboleiro da nosa aula e luce así de bonito!!!












Comentarios

Entradas populares de este blog

Acrósticos Animais

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.

VISITA DO PAPÁ DE JIMENA PARA PRESENTARNOS AS SÚAS MASCOTAS.