As partes dun...
Na aula de Audición e Linguaxe estivemos traballando a comprensión lectora a través de contos con temática animal, máis concretamente sobre animais domésticos. Para afianzar os nosos coñecementos traballamos a identificación das partes do corpo (boca, orellas, bigotes, patas dianteiras e traseiras unllas e cola) dun can no caso do alumando de 1ºB e dun gato o alumando de 6º de Infantil.
Tiñan que pintar con pintura de dedos cada unha das partes dos animais e despois pegalas formando os corpos de ditos animais sobre unha cartolina grande. Para rematar a actividade tiñan que escribir o nome de cada unha das súas partes ben diferenciadas e explicar coas súas palabras a súa funcionalidade.

O traballo quedou exposto no taboleiro da aula de audición e linguaxe.
Comentarios
Publicar un comentario