Semana Da Prensa
Con motivo da semana da Prensa, na aula de Audición e Linguaxe estivamos falando do que era a Prensa e os xornais aproveitando as distintas exposicións que hai polos corredores do centro adicadas a esta temática. Traballamos sobre Que é un xornal? Contestaron:
-é un libro de papel.
-son cousas que pasan á xente.
-cousas que poden salir na televisión.
-o que pasa.
-o fútbol.
-o que le os avós.
-están nas cafeterías.
O alumnado que acode a esta aula realizou unha búsqueda nos distintos xornais (A Voz de Galicia, A Opinión da Coruña, O Correo Galego...) e medios escritos coma revistas e semanais de noticias de actualidade relacionadas cos animais no referido a seus coidados, a supervivencia de certas especies, que facer ante sospeitas de maltrato animal... Unha vez seleccionada cada noticia o alumnado tiña que lela en voz alta e logo completar unha ficha feita pola mestra onde debían poñer o título da noticia, seleccionar o nome da publicación e poñer coas súas palabras o que entenderon da noticia e recortar a imaxe para realizar un mural conxunto exposto na aula.

Traballamos moitos aspectos coma a atención, a concentración, a psicomotricidade fina e a lectoescritura, tanto a comprensión coma a expresión (oral e escrita).

Comentarios
Publicar un comentario