Os Animais e as Formas Xeométricas

  Seguimos traballando os distintos tipos de animais. Por un lado os domésticos  (granxa) e os salvaxes (selva) empregando distintas formas xeométricas (círculo, cadrado e rectángulo) a vez que empregamos tamén distintos obxectos que temos na aula que representan ditas figuras para facelos.
 Desta maneira traballamos ademais das formas xeométricas, a psicomotricidade fina, a coordinación óculo-manual e a organización espacial a través do debuxo relacionándoo coa clasificación dos animais. 
   Unha ver rematados elaboraremos un libro con todos eles ilustrándoo na súa contorna natural e o alumnado terá que situalos onde corresponda. Este libro servirá de material de apoio didáctico nas sesións de estimulación e linguaxe cando se traballen os animais.
    Así de ben quedou o traballo do alumnado da aula de Audición e Linguaxe!!





















Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua