Menuda Fauna!
Esta semana aproveitando a hora de lectura que se leva a cabo na aula de 1ºB e coa colaboración da súa mestra titora presentamos ao alumnado o conto: O Coelliño Branco. Fixemos unha sesión de contacontos onde puideron desfrutar e coñecer a fondo a temática deste conto. Como non podía ser doutra maneira os protagonistas son diferentes animais domésticos e da granxa moi próximos á súa contorna e que ademais de aprender as súas características tamén serviunos para traballar valores como a amizade, o compañeirismo, a solidaridade ou a empatía independentemente das características propias que nun principio poidan supoñer algunha limitación.
A seguinte parte da actividade levouse a cabo na hora de plástica, xa que, a través da utilización de distintos materias o alumnado debía facer as réplicas dos animais que aparecían no conto: un coello, un boi, un can, un galo, unha cabra e unha formiga. As ilustracións que se plasman no conto xunto coas dimensións desproporcionadas coas que se representan estes animais, supuxeron un punto de apoio que nos axudou a afondar na descrición dos mesmos. Ademais tamén taraballamos todos os aspectos que interferen no desenvolvemneto da psicomotricidade fina, sen olvidar o fomento a lectura.
Como vedes Menuda Fauna montamos !!! Agardade un pouquiño máis e veredes o resultado final....









Comentarios
Publicar un comentario