Menuda fauna!
Esta semana
aproveitamos a hora de lectura e a colaboración da mestra de Audición e Linguaxe para
presentarlle aos nenos e nenas de 1ºB o conto de “O coelliño branco”, unha historia
que ademais de servirnos para traballar algúns animais propios da súa contorna,
supuxo un escenario ideal para afondar no valor da amizade e o compañeirismo
que sempre sae vitorioso independentemente das características propias que nun
principio poidan supoñer unha limitación.
Unha vez abordado
o conto, na hora de plástica e organizados en equipos de traballo, pasamos a
representar con diferentes tipos de materiais os distintos animais que aparecen
na historia: un coello, un boi, un can, unha cabra, un galo e unha formiga.
As ilustracións que se plasman no libro xunto coas dimensións desproporcionadas coas
que se representan estes animais, supuxeron un punto de apoio que nos axudou a
afondar na descrición dos mesmos. Ademais, co desenvolvemento desta tarefa estamos poñendo en xogo todos os aspectos que interveñen na psicomotricidade fina.
Menuda fauna montamos na nosa aula! Pronto vos
daremos a coñecer como quedaron as nosas representacións dos protagonistas da
historia que plasmaremos nun gran mural.




Comentarios
Publicar un comentario