Historia Cadeliña Lúa

 Aproveitando a nosa participación nas distintas actividades levadas a cabo no centro en relación a temática dos animais do Plan Proxecta no que estamos inmersos coma: a visita das veterinari@s e a charla da Protectora de animais Gatocan traballamos sobre a historia da Cadeliña Lúa. Unha historia que nos narra o abandono que sofre Lúa, as cousas que lle suceden e como despois de estar nun refuxio de animais acaba sendo adoptada por unha familia. 
 A finalidade da actividade foi facer unha chuvia de ideas sobre o que sabemos dos cans e as súas necesidades pensando en que como nós necesitan moitas cousas para poder sobrevivir.



 Para rematar a actividade o alumnado tiña que facer un debuxo da súa mascota realizando algunha actividade propia da rutina diaria do seu coidado no ámbito familiar como: darlles de comer, xogar con elas, pasealas... para conciencialos da importancia das necesidades das mascotas ao igual que as súas propias. 














Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua