Conto viaxeiro

Os nenos e nenas de 1ºB tivemos a visita da mestra de Audición e Linguaxe que nos veu a presentar á mascota da súa clase, o can López, e xunto á nosa mascota de aula, o esquío Rasi, van a comezar a vivir un montón de aventuras xuntos, tantas como alcance a nosa imaxinación. Aproveitamos así que estamos afondando no coñecemento do mundo dos animais e as súas características máis visibles, para empregalo como punto de partida da creación do noso propio conto viaxeiro que xa comezou a roldar polas casas, o cal irá viaxando a cada unha delas para que cada neno e nena faga a súa pequena aportación e poida darlle continuidade á historia, que comeza do seguinte xeito:


Este traballo axudaranos a consolidar as nosas habilidades de lectoescritura, ao tempo que nos achegamos máis a estas dúas especies animais que conviven preto de nós e coas que compartimos máis características das que pensamos. Ademais, serviranos tamén para traballar a imaxinación, as habilidades artísticas e contaremos coa implicación das familias.



Xa vos contaremos como quedou o noso conto, permanecede atentos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua