Carteis de adopción de cans

Esta semana os nenos e nenas de 1ºB recibimos unha carta na nosa caixa de correos de aula na que unha protectora de animais solicitaba a nosa axuda para darlles visibilidade aos cans que teñen en acollida e axudarlles a encontrar unha familia que estea disposta a darlle os coidados que precisan. 




Moi emocionados e comprometidos ca nosa labor, puxémonos mans á obra. A carta viña acompañada de varias imaxes dalgúns dos cans que alí acollen, polo que o primeiro paso foi adxudicar un can a cada neno/a. Unha vez descuberto o que lles tocou, buscamos na páxina web da protectora a información que nos proporcionaban acerca deles. Finalmente, elaboramos os carteis recollendo as súas características

Así de vistosos quedaron: 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Acrósticos Animais

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.

VISITA DO PAPÁ DE JIMENA PARA PRESENTARNOS AS SÚAS MASCOTAS.