Carteis anuncios de adopción de animais
Aproveitando a visita da protectora de animáis Gatocan, fixemos unha actividade moi motivadora, a que lle sacamos partido a nivel de actividade lectoescritora (aprendimos a describir animáis).
O primeiro que fixemos, foi esta ficha que ven nos libros de texto, que lles ensina a analizar unha web de adopción de animáis.
O primeiro que fixemos, foi esta ficha que ven nos libros de texto, que lles ensina a analizar unha web de adopción de animáis.
Despois de analizar as partes dunha páxina web deste estilo, buscamos na nosa pizarra dixital a paxina web de Gatocan, e sacamos dalí as fotos e os nomes dos canciños que teñen a sua disposición para seren adoptados. Con eles, fixo cada neno un cartel explicando cómo son, e animando a outros rapaces a adoptalos.
Por último, fixemos a pegada dos carteis polos corredores do cole, para facer visible o noso proxecto.












Comentarios
Publicar un comentario