Visita Protectora Gatocan
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Marta e Naiara, vicepresidenta e voluntaria da Protectora de animais Gatocan de Coirós. Compartiron con nós unha presentación onde nos mostraron ademais do seu traballo no refuxio de animais, nocións básicas
sobre como relacionarnos e como coidar as mascotas que temos na casa e
as que nos podemos atopar na rúa. Aspectos sobre como achegarnos a un
can, onde acariñalo, como darlle para comer ou como xogar co entre
outras cousas...
Ademais tamén nos sensibilizaron hacia o abandono e maltrato que sofren algúns animais e cómo podemos axudar e colaborar con este tipos de asociacións.
Gústounos moito e aprendimos moitas cousas importantes! Así de atentos estaba o alumando de 6º de Infantil B. Grazas Gatocan!
Marta e Naiara trouxéronnos unhas actividades para facer na aula e axudarnos a asimilar e interiorizar o que aprendemos na charla.




Comentarios
Publicar un comentario