Visita dunha protectora de animais
Hoxe recibimos no centro á Protectora de Animais "Gatocan", asociación que acolle, coida e fomenta a adopción responsable de animais en situación de abandono. Aproveitaron a visita para explicarnos, ademais do traballo que realizan e o funcionamento das súas instalacións, cales son os coidados más adecuados para as nosas mascotas, como achegarnos aos animais cos que nos atopamos na nosa contorna de forma adecuada e transmitíronnos valores tan importantes como o respecto e a protección hacia eles. Todo isto axudounos a sensibilizarnos un pouquiño mais contra o abandono.
Xa de volta á clase asimilamos toda a información recibida, reflexionamos sobre o que aprendimos e continuamos afianzando todas esas actitudes de coidado, protección e respecto que dende a protectora tan ben nos transmitiron.



Comentarios
Publicar un comentario