Visita duns veterinarios ao noso centro

O pasado mes de decembro visitaron o noso centro dous veterinarios da contorna coa grata compaña de dous cans, e axudáronnos a achegarnos un pouquiño máis en profundidade ao traballo que desempeñan na súa clínica, os coidados que requiren os animais que a ela asisten e a concienciación sobre a responsabilidade que require ter unha mascota. Ademáis, tamén nos sorprenderon con diversas curiosidades do mundo dos animais, tanto domésticos como salvaxes. Resultou unha visita moi enriquecedora que nos deixou con ganas de saber moito máis acerca dos animais!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua