Visita ao acuario
Os alumnos e alumnas de primeiro curso acudimos a visitar o Aquarium Finisterrae para afondar no coñecemento do mundo mariño e das distintas especies que nel habitan. A mañá deu para moito e puidemos descubrir algúns peixes dos que non oíramos falar ata o de agora, ao tempo que ampliamos datos acerca de moitas especies acuáticas que espertan a nosa curiosidade polas súas carasterísticas.
Ademais, tamén houbo tempo para unha ampla rolda de preguntas na que conseguimos resolver moitas das dúbidas que xurdiron durante a visita guiada: alimentación, reprodución, órganos dos sentidos, etc.

Comentarios
Publicar un comentario