Peque Warhols en acción!
Aproveitando a materia de Plástica o alumando de 1ºB xunto coa suá mestra titora en colaboración coa mestra de Audición e Linguaxe levaron a cabo unha actividade centrada na temática dos animais para traballar a creatividade e a imaxinación ademais das súas destrezas artísticas.
Escolleron o Artista Andy Warhol para facer unhas réplicas das súas obras sobre animais, concretamente os Cans, xa que, na área de ciencias naturais están a traballar os animais domésticos, sendo unha boa forma de profundizar estes contidos abordando varias áreas.
Primeiro visionaron uns power point feitos polas mestras sobre a obra do artista e outro con debuxos animados de cans moi famosos do cine e da televisión na pantalla dixital. A continuación elaboraron as réplicas dos cans: Cocker Spaniel "Ginger", "Dog Great Danés", "Dog" e "Portait of Maurice". Unha vez rematados, recortaron o debuxo e pegárono en folios de cores para plasmar a técnica do artista, ademais de escribir o título das obras en lingua inglesa, sen esquecer plasmar a súa firma como artistas.
Xa vos ensinaremos o resultado final...






Comentarios
Publicar un comentario