Peque Warhols en acción!

Os alumnos e alumnas de 1ºB, contando coa colaboración da mestra de Audición e Linguaxe, estamos a desenvolver unha actividade dentro da área de Plástica na que afondamos no coñecemento do artista Andy Warhol, o cal foi un gran amante dos animais tal e como se reflexa nalgunhas das súas obras. 

En primeiro lugar e coa axuda dun power point achegámonos máis de preto ao artista e a algunhas das súas obras máis representativas, para coñecer un pouquiño a técnica e o tipo de cores que emprega nas súas obras. A continuación recordamos,botando man da pizarra dixital, algúns cans moi coñecidos para eles  que aparecen nos debuxos animados ou en películas. Na seguinte parte da sesión puxémonos mans á obra e pasamos a facer a nosa propia réplica de catro dos cans pintados por Warhol: "Dog", "Ginger", "Dog Great Danés" e "Portrait of Maurice".

Deste xeito, estamos vinculando este traballo co mundo dos animais que estamos a profundizar dentro da materia de Ciencias Naturais, ao tempo que aproveitamos para desenvolver as nosas destrezas artísticas e deixamos voar aos pequenos e pequenas artistas que levamos dentro.

Agardamos con ansias o resultado do noso traballo que vos daremos a coñecer proximamente...














Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua