Pegadas con PlayMains
Para traballar a psicomotricidade fina o alumnado de 6º de Infantil B e 1ºB decorou unhas pegadas de cans con PlayMains de cores para poñer no mural das nosas mascotas na aula de Audición e Linguaxe. Empregamos unha esponxa, auga e a nosa imaxinación. Ademais traballamos a organización espacial, a coordinación óculo-manual... Quedáronnos moi bonitas! Estamos desexando ver o resultado final cando teñamos todo o mural cheo de pegadas.








Comentarios
Publicar un comentario