Os peque Warhols e as súas obras
Os peque Warhols de 1ºB xa temos o resultado final do noso traballo que plasma os pequenos e pequenas artistas nos que nos convertemos. Nesta última sesión recortamos a réplica das obras dos cans que xa tiñamos rematadas e pegámolas sobre un fondo de cor rechamante, seguindo deste xeito a técnica do artista. Finalmente escribimos o título da obra e, como non podía ser menos, asinámolas para facer constar así a nosa autoría. Unha vez feito, pasamos a formar o noso mural e a verdade e que non podemos estar máis contentos co resultado, xulgade vos mesmos...
Para completar a actividade, tamén decoramos algúns debuxos de cans famosos que vimos na sesión anterior, como os da patrulla canina:








Comentarios
Publicar un comentario