Bingo Animais domésticos e salvaxes

 Na aula de AL o alumnado de 6º de Infantil B estivemos traballando os animais da granxa e salvaxes elaborando un bingo, buscamos por internet distintas imaxes de animales domésticos e salvaxes e cada un deles fixo a escolla dunha imaxe, despois a mestra elaborou unhas fichas con todas as imaxes e cada un deles pintou os seus debuxos, recortounos e pegounos nunha cartolina para facer o seu cartón propio.  
 Para xogar cada neno terá o seu cartón e seis imaxes de animais a mestra poñerá un audio coas anomatopeyas dos distintos animais coa tablet, cando escoiten os sons terán que poñer unha ficha sobre o animal que teñan no seu cartón, cando o completen cantarán BINGO! Con este xogo traballamos a atención, a concentración, a discriminación visual, a categorización das palabras en campos semánticos e a linguaxe oral.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Simetría Animal

Entroido animal

Historia da cadeliña Lua