EXCURSIÓN AO ACUARIO.
Os alumnos e alumnas de 1ºA visitamos as instalacións do "Aquarium Finisterrae". Tivemos unha visita guiada na que aprendemos moitas cousas interesantes sobre os animais mariños.
Na clase traballamos a importancia de non tirar os plásticos ao mar, e no acuario volvéronnos a lembrar que é moito o lixo que aparece nos nosos océanos...
Por iso gustounos moito descubrir que co lixo que se atopa no mar pódense facer cousas tan fermosas como estas...
Outra das cousas que tamén nos encantou foi ver como comen as focas.
Comentarios
Publicar un comentario