Discriminación figura-fondo

Estivemos traballando a discriminación figura-fondo de siluetas dos animais domésticos e animais da granxa. Os nenos e nenas de 6º de Infantil B axudaron a mestra a facer a escolla das siluetas dos distintos animais: can, gato, galiña, coello.... para logo elaborar unhas fichas onde tiñan que atopar todas as siluetas iguais ao modelo dado e outra onde tiñan que unir a imaxe do animal coa súa silueta. Ademais preparamos outra actividade a través da app Canva para traballar as distintas razas de cans que vimos na clase, onde debían colocar un gomet na silueta do animal que tiñan como modelo. Con estas actividades ademais do traballado tamén contribúen a potenciar a atención, a concentración, a memoria, a coordinación óculo-manual, orientación espacial, conceptos básicos... 











Comentarios

Entradas populares de este blog

Acrósticos Animais

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.

VISITA DO PAPÁ DE JIMENA PARA PRESENTARNOS AS SÚAS MASCOTAS.