OS COIDADOS DAS NOSAS MASCOTAS.
![Imagen](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh3qnXaBNlG08hbWMQZgaS4egKQvpArqLvq0x3eXQE_ilcYZGqk3l4pdtjoVx8a8sgqkOYveU97klhRgFSM7Rfp2Qy_gby4sim_59M8S3nnqy68bbyzx6jcshrrjUFuLk4knVhkLpcv7aU/s320/IMG_4738.jpg)
Os alumnos e alumnas de 1ºA estábamos desexando coñecer o desenlace da historia da cadeliña Lua, encantounos que rematara ben e fora acollida nun fogar no que vai a estar moi ben atendida e lle van a dar moito cariño. Pero... Cales son os coidados que precisan as nosas mascotas? Son moi diferentes aos coidados que precisamos nós? Despois de que nos xurdiran estas dúbidas puxémonos a traballar... Con esta actividade démonos conta que as nosas mascotas precisan moitas cousas e teñen case as mesmas necesidades ca nós. E o resultado final do noso traballo quedou exposto no taboleiro do corredor da nosa aula.