Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Antefaces Entroido

Imagen
 Aproveitando que a temática de Entroido deste ano no centro son os Animais, na aula de AL aproveitamos para facer uns antefaces de animais domésticos e salvaxes elaborando un fermoso mural de dita temática quedando exposto nun dos corredores do centro.  Así quedou o noso mural ...

Os Animais e as Tics

Imagen
  Coa importancia das novas tecnoloxías na aula de Audición e Linguaxe estamos a traballar no desenvolvendo da nosa competencia TIC traballando os animais e a súa clasificación en domésticos e salvaxes a través dun panel colaborativo PADLET empregando o ordenador e a tablet. Para iso o alumando de 6º de Infantil e 1ºB axudaron a mestra a elaborar o panel facendo a escolla das imaxes, sons, xogos...  Aproveitamos dita ferramenta dixital nas sesións de estimulación da linguaxe traballando  moitos aspectos coma a atención, a concentración, a memoria, a percepción visual, a discriminación auditiva, o vocabulario, a articulación... Aquí vos deixo o enlace o padlet:   https://padlet.com/fafyfafitas/98wi7qssaksk

AS NOSAS CAROUTAS DO ENTROIDO ANIMAL.

Imagen
Esta semana festexamos o Entroido no noso centro e o alumnado de 1ºA elaboramos as nosas caroutas de animais. As primeiras que fixemos foron as caroutas de animais domésticos... Despois elaboramos as caroutas dos animais salvaxes... E este foi o resultado final...  QUEDÁRONNOS CHULÍSIMAS!

VISITA DO PAPÁ DE JIMENA PARA PRESENTARNOS AS SÚAS MASCOTAS.

Imagen
Hoxe os alumnos de 1ºA tivemos a visita do papá da nosa compañeira Jimena que nos presentou as súas mascotas. Unha tartaruga rusa (Hosfeldii) que se chama Lola e ten 18 anos. Outra tartaruga africana (Sulcata) que se chama Trueno e ten 1 ano. E o seu can Teo que ten un ano e foi adoptado nunha canceira. Tivemos a sorte de poder  ver e tocar ás tartarugas e coñecer as diferenzas que hai entre elas. As dúas son tartarugas de terra pero a tartaruga rusa (Lola) non vai crecer moito máis e pode chegar a vivir uns 35 anos. E a  tartaruga africana (Trueno) pode vivir ata 70 anos e pesar uns 100kg.  Has dúas tartarugas igual que os cans teñen documentación propia e chip. Esta é unha fotografía de como pode chegar a ser unha tartaruga africana como Trueno. Disfrutamos moito tocando e vendo ás tartarugas. Ensináronnos o que comen e como viven. E o importante que é coidalas ben para que medren saniñas. Miguel conto...

PERSOAS INVIDENTES E OS CANS GUÍA.

Imagen
Os alumnos de 1ºA dende a área de Valores Cívicos e Sociais traballamos un vídeo sobre os cans guia e a importancia que teñen para as persoas invidentes. Démonos conta de que estes animais non son mascotas, se non que son cans adiestrados para guiar as persoas invidentes e ofrecerlles moita máis autonomía e seguridade.

MAQUETAS DE CANCIÑOS.

Imagen
Dende a área de Plástica os alumnos de 1ºA elaboramos unha maqueta duns cans partindo de rolos de papel hixénico. O primeiro paso foi pintar o rolo de papel con pinturas de diferentes cores e pinceis. O segundo paso foi colorear as partes do corpo (cabeza e patiñas) para compretar a nosa maqueta. O terceiro dos pasos foi recortar as extremidades que previamente tíñamos coloreadas. A continuación pegamos no rolo de papel tanto a cabeza como as patas dos nosos cans e rematamos de decorar e deixar bonitas as nosas maquetas. E este foi o resultado final. QUEDÁRONNOS XENIAL!

VISITA DA PROTECTORA "GATOCAN".

Imagen
Outra das visitas que tivemos o pracer de ter no centro foi a da protectora "GATOCAN". Ca exposición que nos fixeron aprendemos moitas cousas importantes e útiles. Gustounos moito e pasamos un rato moi agradable e divertido. Despois da charla deixáronnos unha ficha moi interesante para repasar e afianzar aqueles aspectos máis importantes que nos ensinaron na exposición.

VISITA DA MAMÁ DE YOSU PARA PRESENTAR AS SÚAS MASCOTAS

Imagen
Os alumnos de 1ºA disfrutamos da visita da mamá do noso compañeiro Yosu que veu a presentarnos as súas mascotas. Fíxonos unha presentación moi chula e contounos moitas curiosidades sobre PEPÓN un Bulldog Francés, LOA unha Husky, e NEGRITO un hamster que tivemos o placer de ter na aula e xogar con el.

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.

Imagen
Os alumnos de 1ºA aproveitando o tema dos seres vivos, da área de Ciencias Naturais, traballamos a diferencia entre animais domésticos e salvaxes. Despois de entender que os animais de granxa tamén son animais domésticos, os alumnos escolleron un animal para facer un debuxo e clasificalo en vivíparo ou ovíparo e destacar o tipo de alimentación que teñen. E este foi o resultado final que deixamos exposto no taboleiro da nosa aula.

Historia da cadeliña Lua

Imagen
A raíz da visita dos membros da protectora de animais Gatocan, iniciamos a historia da cadeliña Lua, cun comenzo triste, pero con final feliz. Estas son as conclusions que sacaron os nenos en torno aos sentimentos de Lúa en cada unha das partes do conto.

Visita da protectora Gatocan

Imagen
Hoxe viñeron a visitar o noso centro persoal da protectora de animais Gatocan, e falaronnos dos coidados que debemos ter coas mascotas, cousas recomendadas e non recomendadas cos animáis de compañía, e o traballo que realizan na protectora. Eles además trouxeronnos unha ficha que traballamos ao final do dia.