Durante todo o curso realizamos diferentes traballo manuais na área de plástica, relacionadas coas mascotas e animáis de compañía: Móviles de gatos: Gatos acordeón: Puzles de gatos :
Para dar por finalizado a nosa participación no plan proxecta deste ano, descubrimos que o noso planeta está cheo de animaliños por tódolos continentes... ... animaliños que debemos coidar e protexer porque de nós depende a súa conservación ou extinción, así que PROTEXAMOS OS ANIMAIS!!!!
Moitos foron os amiguiños que aproveitaron as vacacións deste curso para visitar coas súas familias diferentes lugares onde os animais tanto salvaxes coma domésticos eran os protagonistas. Gabriel foi a Madrid e alí fixo un safari coa súa familia. E Macarena e Alex visitaron Cabárceno coas súas familias e quixeron compartir connosco moitas fotos e tamén os planos e as guías dos animais que alí se poden atopar.
Este ano na aula contamos con moitos xogos coa temática animal e libros e contos con protagonistas animais... que nos axudaron a buscar información e motivarnos cara a aprendizaxe de moitas curiosidades animais.
Coa chegada do calor... descubrimos que no patio de infantil hai...uns bichiños voladores de cores azuis e verdes os que lles puxemos o nome de WILIS. Debemos ter moito coidado en non pisalos nin matalos e so os collemos para observalos e volvelos a deixar. Hai uns días que xa vemos lagartos e lagartixas que saen a tomar o sol no muro, e tamén puidemos ver moitas xoaniñas e mariposas de cores.
Seguindo coa temática do proxecta cada neno/a quixo traer para compartir co grupo unha foto da súa mascota ou do animal que máis lle gusta... ... explicáronnos como se chamaba, que coidados precisaba e cales eran os seus gustos.