Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

Día do libro: Contamos o conto de "Unha eiruga moi larpeira"

Na celebración do día do libro no cole, cada aula elexiu un conto para contarllo aos nenos máis pequenos. Nos, eleximos o conto de "Unha eiruga moi larpeira", aproveitando que tiñamos o proxecto dos vermes de seda na aula. Ao rematar a lectura do conto, ensinamoslles aos pequenos os nosos vermes en varios momentos da sua evolución (ovos, vermes de 15 días, vermes dun mes, casulos e bolboretas)

Visita de Candamin

Imagen
Unha das actividades conxuntas que fixemos todo o alumnado do plan proxecta foi a visita de Candamin. Unha asociación que se adica a terapia asistida con animais. Neste caso, acudiron ao noso centro unha terapeuta ocupacional e un educador canino, que trouxeron a tres cans. Primeiro falaronnos de como desenrolan o seu traballo con persoas con dificultades e cos seus cans, e despois fixeronnos unha demostración de como realizan o seu adestramento.

Tangram con figuras de animais

Imagen
Durante todo o curso, os nenos da clase de 1C practicamos na área de matemáticas o tangram con figuras de animáis. Ademais, en expresión plástica, tamén traballamos as figuras do tangram de animáis diferentes, completando as siluetas das figuras coas partes dos animáis que faltan.

Os vermes de seda no día da ciencia na Rua

Imagen
Os alumnos de 1C   participamos no Día da Ciencia na Rúa celebrado no parque Santa Margarida o 3 de maio, co noso proxecto dos vermes de seda. Alí explicamos a todos os asistentes todo o proceso do ciclo da vida do verme de seda, dende que é ovo, ata que se convierte en bolboreta. Explicamos a sua alimentación, coidados... E incluso levamos lupas para poder ver os vermes máis pequeniños.

Conto Viaxeiro

Imagen
Os nenos e nenas de 1ºB e as súas familias traballaron moito no conto viaxeiro, contándonos as aventuras da mascota da clase, o Esquío Rasi e a mascota da aula de AL o Can López .  Aproveitamos a traballar as distintas calidades da voz e a expresión oral lendo cada un/unha a parte que fixo en voz alta para o resto dos compañeiros e compañeiras. Aquí tedes o resultado final, esperamos que vos guste tanto coma nós!!!.