Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Presentamos as nosas mascotas

Imagen
Os alumnos de primeiro C aproveitando o día Internacional dos Dereitos dos Animáis comenzamos este proxecto coa sua primeira actividade, falando das nosas mascotas. Cada neno fixo un debuxo da sua mascota, e falou dos seus coidados e como axuda el no seu benestar. Os nenos que non tiñan nin nunca tiveron mascota, imaxinaron qué mascota lles gustaría ter, puxéronlle un nome e falaron de cómo a coidarian.

Dereitos dos animais

Imagen
Aproveitando que o día 10 de decembro foi o Dia Internacional dos Dereitos dos animáis, os alumnos de primeiro C traballamos durante ese día a declaración Universal dos Dereitos dos animáis, e fixemos un cartel no que cada neno escribiu un dos Dereitos que nela se reflexan e fixo un debuxo alusivo a ese dereito.

Carteis contra o abandono de animais

Imagen
Os nenos e nenas de sexto estivemos elaborando na área de Educación en Valores carteis contra o abandono de animais. Nestas datas, temos que ser conscientes de que un animal é unha responsabilidade, non un xoguete para o Nadal.

Animais en perigo de extinción

Imagen
O alumnado de sexto estivemos traballando sobre os animais, clasificándoos segundo o seu grupo e alimentación. Pero tamén consideramos fundamental tratar unha temática que nos preocupa: o perigo de extinción das diferentes especies. Cada alumno e alumna elaborou unha táboa sobre os distintos animais que están en risco de desaparecer e realizou exposicións na aula desas especies.